A DXT comeza a enviar, de novo, aos condutores a carta de aviso de caducidade do seu permiso de condución

Durante este ano enviaranse 2.750.000 cartas aos condutores que lles caduca o seu permiso de condución
Por o 12/02/2019 | Sección: Eventos
A DXT comeza a enviar, de novo, aos condutores a carta de aviso de caducidade do seu permiso de condución

Desde hoxe, a Dirección Xeral de Tráfico volve enviar aos condutores a carta informativa que lles avisaba que o seu permiso de condución estaba a piques de caducar, tal e como anunciou o director xeral de Tráfico, Pere Navarro, a semana pasada na súa comparecencia na Comisión de Interior do Congreso dos Deputados para explicar os orzamentos do departamento que dirixe.

O obxectivo de retomar esta medida é reducir o número de condutores que circulan co seu permiso de conducir caducado, tras detectarse un aumento de condutores que circulan co permiso caducado e que se estima nun 10% do total de condutores con algún tipo de permiso.

Durante este ano, enviaranse 2.750.000 cartas e remitiranse con dous meses de antelación á data de vixencia do permiso, con tempo suficiente para que o condutor poida renovalo. Aos condutores que lles caduca o permiso de conducir no mes de marzo, e debido a que non se canta con ese prazo estipulado, enviaráselle a misiva durante este mes de febreiro.

O período de vixencia dos permisos AM, A1, A2, A, B e Licenzas de Condución é de 10 anos ata os 65 anos de idade e a partir desa idade, a renovación realízase cada 5 anos. Para os permisos profesionais ( C, C1, D, D1, EC, EC1, ED, ED1…) renovarase cada cinco anos mentres o seu titular non cumpre 65 e cada tres anos, a partir desa idade.

SEN DESPRAZARSE Á XEFATURA PROVINCIAL DE TRÁFICO

Na carta infórmaselle tamén ao condutor de que pode renovar o seu permiso de conducir sen necesidade de desprazarse ata as Xefaturas Provinciais de Tráfico, acudindo aos Centros de recoñecemento de condutores. Nestes centros o condutor debe presentar o Documento Nacional de Identidade, Pasaporte ou Tarxeta de Residencia en vigor, e tras realizarlle a exploración médica e facerlle unha fotografía, asinará a solicitude de prórroga e abonará as taxas correspondentes (24,10€).

Os maiores de 70 anos non pagan taxa e cando por razóns médicas a prórroga é por un prazo inferior ao establecido, os prezos das taxas son os seguintes:

Realizada a renovación, entregaráselle unha autorización provisional para conducir en España, que terá un prazo de validez de 90 días. Antes de que finalice devandito prazo recibirá no seu domicilio e por correo postal o seu novo carné de conducir.

Comentar noticia

Your email address will not be published.