A editorial Belagua presenta “María Vinyals. Un talento rebelde” na Feira do Libro de Vigo

Por o 03/07/2018 | Sección: Cultura,Galicia,Vigo
A editorial Belagua presenta “María Vinyals. Un talento rebelde” na Feira do Libro de Vigo

A Feira do Libro de Vigo acolle esta tarde, ás 20.30 h, a presentación da obra “María Vinyals. Un talento rebelde”, publicada por Belagua Ediciones en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

No acto participarán a autora, Isabel Blanco; a historiadora, Silvia Cernadas; a editora Edurne Baines; e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

“María Vinyals. Un talento rebelde” é unha recreación literaria da biografía de María Vinyals, nacida en 1875 no castelo de Soutomaior. Marquesa de Ayerbe debido ao seu casamento, escritora e articulista, foi unha pioneira do feminismo inxustamente esquecida. A figura desta singular muller, que escribiu a historia do castelo de Soutomaior en 1904, pasou boa parte da súa vida nel e rematou os seus días enigmaticamente, achégasenos agora a través da voz dunha pantasma que habita nesa fortaleza.

A obra que se presenta esta tarde na Porta do Sol está brillantemente ilustrada pola creadora Luz Beloso.

Comentar noticia

Your email address will not be published.