A empresa de seguridade da rede de museos do Concello de Vigo e do Centro Comercial A Laxe segue sen pagar aos seus traballadores

A1 continua coa falta de pagamentos de nóminas
Por o 20/08/2019 | Sección: Galicia,Vigo
A empresa de seguridade da rede de museos do Concello de Vigo e do Centro Comercial A Laxe segue sen pagar aos seus traballadores
Compartir en:
A empresa A1, responsable da seguridade da rede de museos do Concello de Vigo e do Centro Comercial A Laxe, segue incumprindo co pago dos salarios aos seus traballadores. O pasado venres 16 de agosto realizou o pago da metade do salario aos seus traballadores; este feito que desde o sindicato alternativa sindical cualificalo de auténtica tomadura de pelo, despois de que esta empresa enviase unha carta o día 16 de agosto dirixida aos traballadores na que se lle reclama paciencia e recálcase a solvencia da mesma.
 
Desde o sindicato, reclaman tanto ao Concello de Vigo como ao Centro Comercial a Laxe, que rescindan de maneira inmediata os contratos con esta empresa. Interpuxéronse por parte de do sindicato alternativa sindical, unha demanda por falta de pagamento de salarios na inspección de traballo na delegación de Pontevedra e outra na Audiencia Nacional a nivel estatal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.