A EOXI de Vigo celebrou unha homenaxe o persoal xubilado este ano

Un total de 168 traballadores de atención primaria e especializada da sanidade publica viguesa xubiláronse no 2018
Publicado por o día 19/12/2018 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

A EOXI de Vigo celebrou unha homenaxe o persoal xubilado este ano

A EOXI de Vigo celebrou onte unha Homenaxe para todo o persoal dos centros de primaria e especializada que este ano xubilouse. En total xubiláronse 168 traballadores de diferentes categorías profesionais, 34 facultativos, 100 sanitarios non facultativos e 34 non sanitarios.

Nesta homenaxe, presidida polo xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, entregóuselles unha serigrafía da obra “Maternidade”, doada polo artista Antón Sobral; así como o documento identificativo a Tarxeta Dourada, en mostra de agradecemento por todo o seu tempo de dedicación ao servizo público de saúde.

Obra de Antón Sobral

Este ano tamén continuouse co proxecto de colaboración con artistas galegos. Os artistas realizan unha doazón dunha obra á Sanidade pública viguesa e autorizan a realización dunha tirada limitada de serigrafías, réplicas do orixinal, numeradas e asinadas polo autor, que constitúen o obsequio conmemorativo ao persoal xubilado. O artista galego Sobral, foi quen doou a obra “Maternidade”, realizada con técnica mixta.

Tarxeta dourada

A tarxeta dourada, iniciativa posta en marcha hai uns anos, é un documento identificativo que, acredita a condición laboral como traballador xubilado da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, e simboliza o respecto e recoñecemento debidos por parte da Institución.

Ademais, permite ao persoal en activo dos centros sanitarios públicos identificalo como xubilado do Servizo Galego de Saúde e polo tanto como un compañeiro máis. Esta tarxeta é ofertada a todo o persoal que anualmente se xubila. Como peche desta Despedida, a Coral “Rosalía Castro” do Colexio de Médicos de Pontevedra ofreceu un recital no que interpretaron diversas cancións populares.

Obra de Antón Sobral

Comentar noticia

Your email address will not be published.