A EOXI de Vigo recibiu hoxe a 92 residentes de primeiro ano que comezan o seu período de especialización

Trátase da promoción de residentes máis numerosa, con 77 facultativos e 16 enfermeiras
Por o 28/05/2019 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
A EOXI de Vigo recibiu hoxe a 92 residentes de primeiro ano que comezan o seu período de especialización

A EOXI de Vigo deu a benvida esta mañá aos 92 graduados que elixiron Vigo para cursar a súa especialidade sanitaria. Trátase da promoción máis elevada da historia da sanidade viguesa, un 20% máis que hai catro anos cando se abriu o Álvaro Cunqueiro.

“Isto indica que neste momentos a capacidade docente da área tense consolidado, sendo competitiva ao mesmo nivel dos grandes centros hospitalarios de España. E débese fundamentalmente á combinación de varios factores, en primeiro lugar á implicación dos profesionais sanitarios na docencia, así como a modernización das instalacións e o nivel tecnolóxico acadado na área.”- afirmou o xerente, Félix Rubial.

77 facultativos e 16 enfermeiras

Os 92 novos residentes formaranse en 38 especialidades diferentes. Deles, 77 son facultativos e 16 enfermeiras. Maioritariamente os facultativos residentes son graduados en Medicina aínda que tamén comezan a súa formación graduados en Farmacia, Psicoloxía, Química, Radiofísica e Medicina do Traballo.

As 16 graduadas en Enfermaría distribúense en 4 de Pediatría, 2 de Saúde Mental, 4 matronas e 6 de Medicina Familiar e Comunitaria.

A especialidade que copa un maior número de residentes é Medicina Familiar e Comunitaria, cun total de 24 facultativos.

Dentro da formación especializada, o servizo de pediatría acolle a 4 residentes de primeiro ano. Séguenlle, con 3 novos MIR, o servizo de Medicina Interna, Anestesia e Reanimación, Traumatoloxía, Xinecoloxía e Radioloxía. O resto dos servizos contarán con 2 ou 1 residente de primeiro ano.

Una respuesta para "A EOXI de Vigo recibiu hoxe a 92 residentes de primeiro ano que comezan o seu período de especialización"

  1. Gamela   29/05/2019 at 1:48

    Mentres siga de xerente Felix Ruibal estes novos médicos convertiránse en adminitradores de morte (listas de espera indecentes! derivación de enfermos á sanidade privada concertada) así o único que van aprender os novos médicos é a facer triaxes para cadrar as contas de resultados desta tropa indecente que temos á fronte da Sanidade Pública en Vigo !!!

    Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.