A escola de María Rial convértese na gañadora do premio Vigo Porté da categoría absoluta do 8º Trofeo de baile de Vigo

Galicia en Danza foi a escola gañadora da categoría junior coa súa coreografía “ Another day of sun”, disputada onte sábado pola tarde
Publicado por o día 05/05/2019 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

A escola de María Rial convértese na gañadora do premio Vigo Porté da categoría absoluta do 8º Trofeo de baile de Vigo
A Escola de Flamenco María Rial de Vigo converteuse na gañadora do premio VIGO PORTÉ 2109 da Categoría Absoluta da 8ª Edición do Trofeo de Baile Cidade de Vigo coa súa coreografía “Flamenkeando e Taekwondo”.
A Escola competía con outras 47 coreografías. Os outros gañadores da categoría foron:
• Primeiro Premio en Disciplina Urbana: : TERESSA NGUNDI DANCE STUDIO (Vigo), coreografía “New Brotherhood”
• Segundo Premio en Disciplina Urbanaa: TERESSA NGUNDI DANCE STUDIO (Vigo), coreografía “Real Gansta”
• Terceiro Premio en Disciplina Urbana: CENTRO DE DANZA PAU IZARD (Vigo), coreografía “Dance Hall Community”
• Primeiro Premio en Disciplina Lírica: a: ÁNGEL Y LUCÍA (Madrid), coreografía “El beso”
• Segundo Premio en Disciplina Lírica: ÁNGEL Y LUCÍA (Madrid), coreografía “El corsario”
• Terceiro Premio en Disciplina Lírica: YULY BALLET ACADEMY (Madrid), coreografía “Stand by me”
• Primeiro premio en Disciplina Folclore: Xurxo y Reyes (Vigo), coreografía “I like it”
• Segundo premio en Disciplina Folclore: DANZA 10 STUDIO (A Coruña), coreografía “La fuerza del mar”
• Terceiro premio en Disciplina Folclore: ITACAS (Vigo), coreografía “Rosalía de Castro”
• Primeiro premio en Disciplina Musicais: UNIDANCE (Vigo), coreografía “Fama”
• Segundo premio en Disciplina Musicais: GALICIA EN DANZA (Baiona), coreografía “Luces, lentejuelas y acción”
• Terceiro premio en Disciplina Musicais: FUN´DANCE (Lisboa), coreografía “Cuba”
• Primeiro premio en Disciplina Fusión: ESCUELA DE FLAMENCO MARÍA RIAL (Vigo), coreografía “Yung Hab”
• Segundo premio en Disciplina Fusión: YULY BALLET ACADEMY (Madrid), coreografía “Magic”
• Terceiro premio en Disciplina Fusión: ESCUELA DE BAILE BAMBALINA (Vigo), coreografía “Guaya”
• Pase de gala: FUNDACIÓN IGUAL ARTE (Vigo), coreografía “Descubriéndonos”
En palabras de Lorena López, Directora do evento Vigo Porté, “as coreografías deste ano foron dun altísimo nivel e dunha gran calidade superándose ano tras ano. Vigo converteuse durante estes dous días en capital da danza”. Lorena López avanzou que a 9ª edición de Vigo Portei terá lugar os próximos 3, 4 e 5 de abril de 2020 con tres días completos de competición.

Galicia en Danza, gañadores na categoría junior

O grupo Galicia en Danza de Baiona alzouse co premio VIGO PORTEI 2019 (outórgao o Presidente do Xurado) da Categoría Junior disputada onte sábado coa súa coreografía “ Another Day of Sun” (primeiro premio da disciplina “Musicais”) e onde competía con outros 105 espectáculos. Esta escola de baile tamén se alzou co primeiro premio na disciplina de “Lírica”, “ Folkore” e “Fusión”.
O resto de gañadores desta categoría foron:
• Primeiro Premio en Disciplina Urbana: DANCEBOX (Povoa de VarzimPortugal), coreografía “Wish Makers”
• Segundo Premio en Disciplina Urbana: DANCEBOX (Povoa de VarzimPortugal), coreografía “Urban Grooverz”
• Terceiro Premio en Disciplina Urbana: DANCEBOX (Povoa de Varzim-Portugal), coreografía “Urban Queens”
• Primeiro Premio en Disciplina Lírica: GALICIA EN DANZA (Baiona), coreografía “Queda prohibido”
• Segundo Premio en Disciplina Lírica: DANCEBOX (Povoa de VarzimPortugal), coreografía “Saudade”
• Terceiro Premio en Disciplina Lírica: BALLERINA COLISEUM (Vigo), coreografía “Titiritero de Varsovia”
• Primeiro premio en Disciplina Folclore: GALICIA EN DANZA (Baiona), coreografía “Tarantella”
• Segundo premio en Disciplina Folclore: DANZA 10 STUDIO (A Coruña), coreografía “Camino”
• Terceiro premio en Disciplina Folclore: COMPAÑÍA DE DANZA ROSALÍA FERNÁNDEZ (Vigo), coreografía “Tarantella”
• Primeiro premio en Disciplina Musicais: GALICIA EN DANZA (Baiona), coreografía “Another Day of Sun”
• Segundo premio en Disciplina Musicais: ESCUELA DE BAILE ARTE & DANZA (Vigo), coreografía “La máscara”
• Terceiro premio en Disciplina Musicais: BALLERINA COLISEUM (Vigo), coreografía “Gymaniac”
• Primeiro premio en Disciplina Fusión: GALICIA EN DANZA (Baiona), coreografía “Holding out for a hero”
• Segundo premio en Disciplina Fusión: GALICIA EN DANZA (Baiona), coreografía “West, west, west”
• Terceiro premio en Disciplina Fusión: CENTRO DE DANZA PAU IZARD (Vigo), coreografía “Circus CDPI”
• Pase de gala: DANSAREY Escuela de Baile (Redondela), coreografía “Avatar”

Gala Vigo Porté 2019

Esta tarde a partir das 19.00 horas terá lugar a Gala Vigo Portei 2019 na que participarán as coreografías gañadoras de cada disciplina, os 3 premios VIGO PORTÉ de cada categoría (infantil, junior e absoluta) e unha coreografía por cada categoría que foi outorgada cun Pase de Gala.
Ademais, o opening realizarao a COMPAÑÍA DE DANZA PORTÉ que estarán acompañados en directo pola BANDA DE MUSICA DE CHAPELA ofrecendo un pequeno fragmento do espectáculo que estrearon a semana pasada: MUSICAS E DANZAS DO MUNDO.
Durante os tres días de competición de Vigo Portei 2019, participaron máis de 1.200 participantes de 55 centros de danza diferentes de todo o mundo que bailaron máis de 200 coreografías. Durante o certame repartíronse máis de 10.000 euros en premios e a edición deste ano obtivo categoría de certame mundial grazas á presenza de Chile. Esta edición puido seguirse por primeira vez por streaming.