A escritora compostelana Berta Dávila falará do seu libro “Carrusel” na librería viguesa Cartabón

Publicado por o día 17/02/2020 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

A escritora compostelana Berta Dávila falará do seu libro “Carrusel” na librería viguesa Cartabón

Berta Dávila, nada en Compostela en 1987, presentara na cidade de Vigo na Librería Cartabón a súa novela “CARRUSEL” e acompañará a autora Rosa María Chantada Abollo, responsable da Secretaría das Mulleres da CIG na Comarca de Vigo, o encontro esta enmarcado polo club feminista da CIG.

Berta Dávila, é autora de poemarios como Corpo baleiro (2007) e Raíz da fenda (2013, Premio Johán Carballeira, Premio da Crítica española, Premio da AELG). No eido da narrativa, iniciouse con Bailarei sobre a túa tumba (Premio Biblos de Novela, 2008), á que seguiu o libro de relatos A arte do fracaso (2010), traducido para o castelán e o xaponés. Recibiu o Premio de Narrativa Breve Repsol en 2013 por O derradeiro libro de Emma Olsen, obra que obtivo o Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2013. Tamén foi nomeada pola AGE autora do ano en 2014.

A novela “CARRUSEL” trata dunha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece. Enfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo deixou atrás e nas afinidades ignotas e inusitadas que elaboran as lembranzas da súa historia familiar e persoal. Só así será quen de afondar na súa condición de enferma, na súa relación co imprevisible tío Carlos, que sofre a mesma doenza, e tamén na súa experiencia coa maternidade e coa perda de seres queridos. É posible que iso a axude a dar significado ao pasado e a entender o futuro, mais ningún futuro está escrito e, moito menos, o de quen escribe para intentar salvarse.

Esta novela foi gañadora do Premio García Barros 2019, son uns galardóns literarios concedidos e patrocinados polo concello da Estrada desde o ano 1989. Estes premios se instituyen co obxectivo de homenaxear a memoria do escritor Manuel García Barros. O premio está dotado con 9.000 euros.

Este acto é totalmente aberto a todo o público.