A Estación Fitopatolóxica Areeiro advirte dun lixeiro adianto da fenoloxía da viña e recomenda seguir pendente do avance dos fungos mildio e do oídio

O centro dependente da Deputación de Pontevedra lanzou un novo aviso fitosanitario no que tamén advertiu, sobre os cítricos, dun aumento de colonias de pulgón e da presenza de ovos de Pslia africana
Publicado por o día 19/06/2020 na sección de Deputación de Pontevedra

Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que sinala que a fenoloxía da viña presenta un lixeiro adianto fronte ao ano pasado. Ademais, as previsións de tempo cálido para as próximas xornadas favorecerán, xunto coa humidade destes días, un maior incremento do tamaño da uva. Ademais, respectos ás viñas, segue advertindo do avance do mildio nas viñas abandonadas e aconsella, a aquelas persoas que aínda non o fixeron, que se comprobe o estado das viñas e se comece cun novo tratamento agora que mellora o tempo climatolóxico.

En relación á subida de temperaturas anunciada é previsible un favorecemento do desenvolvemento do oídio, un fungo que desde esta semana atopouse en moitas das viñas visitadas, afectando a un número significativo de acios aínda que, polo de agora, en xeral con escasa incidencia. Recoméndase, fronte ao mildio e o oídio renovar os tratamentos para previr o avance da infección.

O aviso fitosanitario informa tamén dun lixeiro aumento de cicadélidos e de que observáronse danos por gasterópodos nalgunhas viñas.

En canto aos cítricos, Areeiro sinala que observáronse abundantes colonias de pulgón nos gromos máis novos e advirte que coa subida de temperaturas prevista incrementarase a súa presenza, polo que recomenda estar alerta. Tamén esta semana observouse que nos gromos novos de moitas destas plantas hai unha elevada presenza de ovos de Psila africana.

Por último, a Estación Fitopatolóxica Areeiro informa no seu aviso fitosanitario do incremento da presenza e do tamaño das eirugas nas plantas dos buxos.