A estrada LU-530, ao seu paso por Castroverde, rexistrará mañá un corte de tráfico por mor da retirada de árbores nas marxes da vía

Establecerase un desvío alternativo pola estrada LU-106 para facilitarlles a mobilidade aos veciños desta contorna e usuarios da citada vía

A estrada Lugo – Fonsagrada (LU-530), ao seu paso por Castroverde, rexistrará mañá un corte de tráfico por mor da retirada de árbores situadas nas marxes desta vía autonómica.

O corte efectuarase no treito da estrada comprendido entre os puntos quilométricos 9+800 e 13+450, dende as 9 horas ata as 18 horas.

Para facilitar a mobilidade dos veciños desta contorna e usuarios da estrada, establecerase un desvío alternativo pola estrada Romeán- Bascuas (LU-106), entre os puntos quilométricos 0 e 4+630.

Os usuarios da estrada disporán da correspondente sinalización para indicarlles con antelación tanto o corte como o itinerario provisional.

Este peche da circulación ten como obxectivo facilitar os traballos de retirada das árbores, garantindo a seguridade viaria nesta área.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM