A estrada Vilaseca – O Pazo conta con novo alumeado público

Publicado por o día 15/01/2021 na sección de Galicia,Marín

A estrada Vilaseca – O Pazo conta con novo alumeado público

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, visitaron esta semana as obras de renovación de todo o alumeado público da estrada Vilaseca – O Pazo, na parroquia de Ardán.

Estes traballos supuxeron unha inversión de 48.300 euros e dividíronse en dous tramos. Por unha banda, no tramo de Vilaseca, renovouse a instalación e estanse colocando novos puntos de luz para facer máis extensa a rede de alumeado.

No que respecta ao tramo do Monte de Víos, estase a instalar un novo alumeado, xa que non se contaba con este servizo neste tramo.

En total, en todo o proxecto renováronse 20 puntos de luz e instaláronse outros 21 novos para reforzar a seguridade viaria en toda a zona.

Comentar noticia

Your email address will not be published.