A Eurocidade Tomiño-Cerveira ofrece unha decena de actividades conxuntas no programa “Deporte para todas as persoas”

Aínda hai prazas libres nas actividades para maiores de 55 anos e nas clases de pilates, ximnasia, zumba e fitness
Publicado por o día 25/10/2018 na sección de Galicia,Tomiño

A Eurocidade Tomiño-Cerveira ofrece unha decena de actividades conxuntas no programa “Deporte para todas as persoas”

As actividades deportivas incluídas no programa “Deporte para todas as persoas” levado a cabo pola Eurocidade Tomiño-Cerveira, aínda teñen prazas dispoñibles en varias modalidades.

Trátase en primeiro lugar, de “Piscina en familia”: todos os primeiros sábados de mes, ás 19.00h (hora galega), na piscina de Vila Nova de Cerveira.

Por outra banda, as “Actividades deportivas para maiores de 55 anos”, con sesións todos os martes e xoves ás 10 da mañá (aínda quedan prazas libres). Os martes, no Pavillón de Cerveira, e os xoves, na asociación Vontade de Tomiño.

Por último o programa comprende tamén Clases de Pilates, Ximnasia, Zumba, Fitness e actividades afíns, os xoves e venres ás 11.30h, na Casa da Cultura de Tomiño (aínda quedan prazas libres).

Para máis información e inscrición, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono de atención do programa (986 18 45 98).