No día de hoxe levou a cabo unha reunión extraordinaria da Comisión Executiva, na cal Ugt optou por unanimidade, presentar a súa dimisión en bloque desde o día de hoxe.
Esta decisión vén dada polo acontecido nas asembleas do pasado venres onde se pon en cuestion a honorabilidade e honradez da súa ejecitiva, chegado mesmo a insinuar que lles move intereses de carácter persoal á hora de defender a firma do convenio.
“Os Compañeiros e compañeiras que formamos parte desta executiva temos a conciencia moi tranquila, xa que nunca nos moveu intereses particulares, sinno todo o contrario, o interese xeral e o dos nosos afiliados/ as en particular”, manifesta o sindicato.
Desde o sindicato agradecen o apoio e a confianza que a maioría lle habedes mostrado.
No comunicado a UXT tamén agradece a todos aqueles que mantendo posturas distintas ás da executiva souberon experesarlas con respecto, sen exceder certos limites que non son admisibles.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.