A exitosa Feira Franca remata sen incidencias significativas

O dispositivo de seguridade funcionou á perfección cunha resposta rápida en cada caso.
Publicado por o día 09/09/2019 na sección de Galicia,Pontevedra,Sucesos

A exitosa Feira Franca remata sen incidencias significativas

A XX edición da Feria Franca desenvolveuse onte nun ambiente festivo e sen especiais incidencias ao longo da xornada, dende as 11.00 horas até as 02.00 horas do domingo, en que se considera pechado o operativo de seguridade no que participaron Policía Local, Bombeiros, Protección Civil e Cruz Vermella, entre outros. A organización asegura que o dispositivo funcionou á perfección dadas as escasas intervencións que se tiveron que facer e a rápida resposta que se deu en todos os casos, tendo en conta a aglomeración de persoas que viviu onte o centro histórico e os seus aledaños.

Segundo a información que obra nos servizos integrantes no dispositivo municipal, realizáronse as seguintes intervencións sanitarias:

• 2 picaduras de insectos
• 3 irritación ocular
• 14 cortes / feridas
• 2 hemorraxias
• 5 contusións
• 1 golpe calor
• 3 toma de tensións
• 14 lipotimias
• 1 corpo extrano
• 1 dolor espalda
• 1 agresión
• 1 intoxicación
• 2 síncope
• 1 torcedura

Tamén se fixeron oito traslados a centros sanitarios (6 ao Hospital Montecelo, 1 ao PAC da Parda e 1 ao Hospital Provincial).

Ademais das asistencias sanitarias tamén se localizou a 3 menores extraviados que foron entregados aos seus pais, seis denuncias por venda ambulante sen autorización e tres denuncias por ruídos en locais.