A expedición de Compromiso coa terra completa a súa travesía polo lago Baikal

Durante 24 xornadas, as tres deportistas han percorrido o lago Baikal de sur a norte, enfrontándose a temperaturas de ata -50º, xistra e unha superficie conxelada en mal estado.
Publicado por o día 25/02/2019 na sección de Galicia,Vigo

A expedición de Compromiso coa terra completa a súa travesía polo lago Baikal
A expedición formada por Chus Lago, Verónica Romeu e Rocío García, alcanzou a localidade siberiana de Severobaikalsk, o punto máis ao norte ata o que é posible camiñar sobre a superficie conxelada do lago Baikal. O equipo partiu desde a localidade rusa de Kultuk, no extremo sur, o 1 de febreiro e tardou 24 días en percorrer de sur a norte os 640 quilómetros de longo do lago máis antigo do planeta.
 
Esta expedición forma parte do proxecto Compromiso coa terra, que aspira a completar 1.500 km de travesía sobre xeo en distintas fases. É a terceira viaxe deste proxecto, despois de
 
Laponia en 2016 (200 km.) e o casquete polar de Barnes, en Canadá, en 2017 (190 km.).
 
Compromiso coa terra busca visibilizar, mediante desafíos deportivos de alto nivel, a delicada situación na que se atopan as rexións polares como consecuencia do aumento das temperaturas globais. O lago Baikal é a maior reserva de auga doce do planeta, ademais de fogar de flora e fauna endémica e Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

A expedición de Compromiso coa terra completa a súa travesía polo lago Baikal

#Vigo #ChusLagoMomento da expedición formada por Chus Lago, Verónica Romeu e Rocío García, alcanzando a localidade siberiana de Severobaikalsk, o punto máis ao norte ata o que é posible camiñar sobre a superficie conxelada do lago Baikal. O equipo partiu desde a localidade rusa de Kultuk, no extremo sur, o 1 de febreiro e tardou 24 días en percorrer de sur a norte os 640 quilómetros de longo do lago máis antigo do planeta.

Publicada por Noticias de Vigo en Lunes, 25 de febrero de 2019

 
Durante a travesía, Chus Lago e o seu equipo atopáronse con numerosas dificultades, tales como o mal estado do permafrost, a capa de auga conxelada que cobre o lago durante dous meses ao ano e que se debilita como consecuencia do cambio climático. Chus Lago fala dos continuos estalidos do xeo e da dificultade nalgunhas zonas de coñecer o grosor da plataforma xeada sobre a que camiñaban. Tamén tiveron que soportar días de forte xistra, que provocou sensacións térmicas por baixo dos -50º.
 
A chegada a España das deportistas será o 28 de febreiro.