A explosión dun bidón causa lesións de diversa consideración a un traballador en Padrón

Por o 28/09/2018 | Sección: Sucesos
A explosión dun bidón causa lesións de diversa consideración a un traballador en Padrón

Un operario resultou ferido a pasada tarde en Padrón ao producirse a explosión dun bidón con baterías de vehículos situado no interior dun camión. Ocorreu nunha nave do Polígono Industrial de Pazos, na parroquia de Iria Flavia, ao fío das 18:35 horas.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido e indicaba que o traballador se atopaba ferido e consciente. Ademais, engadía que o bidón estaba ardendo.

Con estes datos, o persoal do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Boiro, do GES de Padrón, da Garda Civil e da Policía Local.

Unha vez na nave industrial, os efectivos sanitarios atenderon e evacuaron ao operario ferido ata o centro médico de referencia. Pola súa banda, os Bombeiros de Boiro sufocaron o lume e comprobaron as baterías afectadas para restablecer as condicións de seguridade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.