A falta de enfermeiras no servizo de urxencias do hospital Montecelo esta sendo un caos

Publicado por o día 18/07/2020 na sección de Cesm-Galicia,Galicia,Pontevedra,PROSAGAP,Salud,Sanidad,Sindicatos

A falta de enfermeiras no servizo de urxencias do hospital Montecelo esta sendo un caos

Os sindicatos  PROSAGAP  CESM e Co. Bas, queren informar da difícil situación na que están novamente os traballadores do servizo de urxencias do hospital Montecelo.

Desde hai algunhas semanas están, unha vez máis, con déficit de persoal, unha enfermeira menos en cada quenda e en ocasións tamén cunha auxiliar de enfermería (TCAE) menos.

Isto débese a que no seu día non se contratou substituto para dúas ausencias producidas por baixa por enfermidade e agora tampouco se cobren ausencias producidas por outro tipo de permisos.

Nunha reunión mantida o 16 de xullo, da Comisión de Centro de Atención Hospitalaria con Xerencia, á pregunta de cantas ausencias había sen substituír neste servizo, afirmouse  de manera rotunda que xa non había ningunha e todos os problemas estaban arranxados.

O venres 17, comprobamos no propio servizo que a situación está lonxe de estar arranxada. Esa mañá había unha enfermeira e unha  TCAE menos e unha das baixas segue sen cobertura e só teñen profesionais para substituír algún día puntual.

A falta de persoal repetirase durante toda esta fin de semana.

A falta de profesionais eventuais dispoñibles provoca que enfermeiras do propio servizo estean  a colaborar facendo quendas nos seus días libres, pero o certo é que iso non resolve o problema. Se sobrecarga a un persoal susceptible de padecer a Síndrome  Burnout porque xa vén dunha tempada de moita tensión, non poden cubrir todos as ausencias e están a acumular horas de xornada que non se sabe como llas van a compensar. Enfermería, do mesmo xeito que médicos, é unha categoría deficitaria todo o ano debido a unha nefasta xestión de recursos humanos durante os últimos anos e que estes tres sindicatos reivindicaron repetidamente así como  a  DIMISION DESTA XERENCIA.

Este verán tamén a situación de auxiliares de enfermería  empeza a ser similar.

Esta mala xestión é evidente aínda máis se cabe no verán cando se producen situacións como as producidas no  C. S de Moraña a semana pasada. Un centro que ten unha dotación de tres médicos de familia viuse sen ningún durante varias horas porque o período vacacional dun deles decidiuse non substituíla e cando xurdiron dúas ausencias máis, atopáronse que xa non había ningún médico dispoñible. No Pac de Caldas este venres volveu vivir situacións como as vividas o verán pasado, faltou un médico dos dous que teñen que estar. 

A pesar dos peches de unidades hospitalarias, peches de Consultorios e peches de consultas de tarde dalgúns centros de saúde, estas situacións de rotura de mínimos en persoal repítense nas distintas unidades e servizos do sistema sanitario Sergas.

Estes sindicatos inciden na necesidade de ir á orixe do problema: persoais deficitarios, inestabilidade laboral que produce fuga de profesionais e políticas de  rrhh que non traballan pola fidelización do profesional, está a provocar que moitos profesionais non queiran traballar na sanidade pública.

Comentar noticia

Your email address will not be published.