A Federación de Ensino de USO en Galicia alerta sobre a insustentable situación dos traballadores de empresas de formación para o emprego

O 41% dos parados en Galicia non finalizou os estudos obrigatorios
Publicado por o día 15/10/2018 na sección de Sindicatos

A Federación de Ensino de USO en Galicia alerta sobre a insustentable situación dos traballadores de empresas de formación para o emprego

Cunha taxa de paro en Galicia do 13,99%, faise imperioso unha mellora do nivel académico e de cualificaciones dos traballadores e parados galegos, vinculadas aos novos desenvolvementos tecnolóxicos e demandas do mundo empresarial. Con tal finalidade, o Ministerio de Traballo recada un 0,7% da base de cotización -uns 2000 millóns de euros- de empresas e traballadores. Este diñeiro debe utilizarse exclusivamente para actividades de formación.

A pesar desta folgada bolsa económica, as empresas dedicadas á formación para o emprego están, cada vez máis, a ter serias dificultades de manterse á boia. Non é raro atopase con amplas demoras no pago aos seus traballadores ou con grandes préstamos bancarios para poder continuar coa súa actividade. E todo debido á falta de liquidez provocada polos retardos no pago por parte do SEPE (Servizo Público de Emprego Estatal).

A raíz do problema reside na Lei que regula actualmente o Sistema de Formación Profesional para o Emprego no ámbito laboral (30/2015, do 9 de setembro), a cal establece que un 40 por cento dos fondos destinados aos cursos de formación serán abonados ata con 12 meses de retardo desde a finalización dos mesmos. Ademais, os pagos anticipados que o SEPE debe abonar aos centros de formación unha vez iniciado o plan de formación correspondente, tamén están a sufrir importantes atrasos que dan ao traste con calquera previsión de tesourería destas entidades para facer fronte aos seus gastos básicos.

Con este panorama, centos de traballadores viron precarizados os seus postos de traballo, cobrando as súas nóminas, ou parte delas, con grandes atrasos, tendo mesmo que recorrer a familiares para poder chegar a fin de mes.

Desde FEUSO Galicia demandamos que o Ministerio de Traballo poña fin a esta situación e articule os medios necesarios para que a formación deixe de ser un problema e pase a ser unha solución.