A Federación de Peñas Celtistas insta ao Concello de Vigo a recolocar as butacas de Río Baixo e iniciar de inmediato a reforma de Marcador

A entidade púxose en contacto co Consistorio olívico para comunicarlle as decisións tomadas na asemblea xeral do pasado 24 de agosto.
Publicado por o día 06/09/2019 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol,Galicia,Vigo

A Federación de Peñas Celtistas insta ao Concello de Vigo a recolocar as butacas de Río Baixo e iniciar de inmediato a reforma de Marcador

A Federación de Peñas Celtistas vén a poñerse en contacto co Concello de Vigo para instar ao Consistorio a que recoloque as butacas de Río Baixo do estadio de Balaídos e iunicie de forma inmediata as obras para a reforma da grada de Marcador. Deste xeito, a entidade trasladoulle ao Goberno local vigués as decisións tomadas durante a asemblea xeral celebrada o sábado 24 de agosto de 2019.

Durante a reunión das Peñas, os representantes destas expuxeron as incomodidades que lles supoñen aos afeccionados as novas butacas instaladas en Río Baixo tras a reforma realizada en Balaídos durante este verán. Así, os peñistas sinalaron que os asentos son incómodos e que obrigan as persoas a estar sentadas nunha posición antinatural.

Por outra banda, Federación de Peñas celtistas tamén instou o Concello de Vigo a iniciar de contado e de forma efectiva os traballos para a reforma da grada de Marcador en vista de que os prazos dados de xeito público en varias ocasións non se estan a cumprir. De feito, recorda a Federación, o último destes períodos previstos é o final da presente tempada e cun proxecto se desenvolverá durante un espazo de 15 meses de execución.

Por todo isto, a Federación de Peñas Celtistas púxose en contacto co Concello para urxiar a reforma de Marcador e que para esta se sinale un prazo preciso que lle permita ao RC Celta dispoñer de tempo suficiente para recolocar os afeccionados de dita grada noutros acomodos de Balaídos. Ademais, a Federación instou á Alcaldía viguesa a retirar as actuais butacas instaladas en Río Baixo para volvelas colocar dun xeito que haxa espazo suficiente entre elas e así evitarlles posturas incómodas aos afccionados que acudan ao estadio.

Comentar noticia

Your email address will not be published.