A federación de sanidade da comarca de Vigo de CCOO mostra o seu apoio a loita das tcaes no conflicto no Hospital Álvaro Cunqueiro.

Publicado por o día 20/06/2018 na sección de CC.OO,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo

A federación de sanidade da comarca de Vigo de CCOO mostra o seu apoio a loita das tcaes no conflicto no Hospital Álvaro Cunqueiro.

A federación de sanidade da comarca de Vigo de CCOO, ven mostrar o seu apoio a loita das tcaes no conflicto no hospital Álvaro Cunqueiro.

CCOO denuncia a actitude do xerentre Felix Rubial, quen primeiro esquece incluir o persoal da limpeza no priego de condicións como responsable do traslasdo da roupa, feito que sucede nos demais centros hospitalarios do SERGAS e agora denunciamos a súa actitude pasiva no conflicto…”deixando pasar o tempo”.

Pero o mais grave e actitude de intentar impoñer que NOS DÍAS DE FOLGA, os servizos mínimos trasladen a roupa. Cousa que ocurríu o pasado luns día 18, cando certas supervisoras instaron as citadas traballadoras a facelo baixo ameaza de escrito denunciando o feito.

CCOO, non vai permitir que mañán xoves, 2º día de folga, que volva a ocurrir e denunciaremos cada un dos casos de intimidación que poda producirse.

CCOO, coida que é o diálogo entre as partes o que pode solucionar o conflicto e nunca a ameaza nin o abuso de poder.