A ferrolá Yolanda Díaz elixida ministra de traballo

Publicado por o día 09/01/2020 na sección de En Común Unidas Podemos,Política

A ferrolá Yolanda Díaz elixida ministra de traballo

A Moncloa tamén confirmou hoxe o nomeamento dos cinco membros de Unidas Podemos no gabinete, cuxas propostas xa foron divulgadas días atrás por fontes desa formación política. Ademais de Iglesias, a actual portavoz parlamentaria da coalición esquerdista, Irene Montero, ocupará o Ministerio de Igualdade; a dirixente galega Yolanda Díaz encargarase de Traballo; o coordinador xeral de Esquerda Unida, Alberto Garzón, asumirá a carteira de Consumo e o catedrático de Socioloxía da Universidade de Berkeley (California) Manuel Castells será o titular de Universidades.

O novo Goberno de Pedro Sánchez terá catro vicepresidencias, tres delas ocupadas por mulleres, segundo anunciaron hoxe xoves fontes do Executivo. Carmen Calvo será vicepresidenta primeira de Presidencia, con competencias sobre Memoria Democrática e Relacións coas Cortes; Nadia Calviño coordinará os asuntos económicos e a transformación dixital; o líder de Unidas Podemos, Pablo Iglesias, será responsable de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e Teresa Ribera, ocupará unha cuarta vicepresidencia. Ribera farase cargo de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, cumprindo o compromiso do presidente Sánchez de dar a esa área rango ministerial. O novo Executivo sinala con iso como prioridade as políticas coas que facer fronte aos desafíos da España baleirada.

O incremento do número de vicepresidencias —na investidura dábase por feito que habería tres— dilúe o papel de Pablo Iglesias. Fuentes de Podemos descartan entrar a valorar esta decisión do presidente, pero o malestar na súa contorna é evidente mordéndose a lingua. Da vicepresidencia de Iglesias dependerán dúas áreas: Dereitos Sociais e Axenda 2030, que reúne os obxectivos de Nacións Unidas para o desenvolvemento sustentable, con especial incidencia na loita contra a pobreza e contra a emerxencia climática. A nova vicepresidencia de Transición Ecolóxica sitúa a Iglesias e a Ribeira no mesmo nivel xerárquico.