A Festa do Marisco arranca con más de 4000 racións consumidas

Publicado por o día 04/10/2019 na sección de Galicia,O Grove

A Festa do Marisco arranca con más de 4000 racións consumidas

O Grove, 4 de outubro de 2019. A Festa do Marisco arrancou volvendo a converter a Praza do Corgo un ano máis no “comedor de Europa”.

Dentro do elenco de produtos do mar que se poden saborear nesta Festa, seguen a manter a súa demanda o polbo con 262 racións, as empanadas con 201, os mexillóns coas variedades de ao vapor, en vinagreta ou tigres con 193 racións, o arroz de marisco con 148 ou as ameixas á mariñeira con 127.

O resultado final de unidades dispensadas durante a primeira xornada de festa, que se inaugurou ás 19:00, foi de 4130. Resultado moi similar ao obtivo na mesma xornada dos anos anteriores: 4205 (en 2018) e  4171 (en 2017). O que demostra que o primeiro día de festa estase a converter nun importante reclamo.

Concertos na Festa do Marisco:

Esta afluencia de xente veuse tamén na Carpa de Concertos que iniciou a súa actividade ás 21:30 co grupo local “Flameco” e continuou coa actuación tan esperada de “Los Secretos”. A carpa mantivo un cheo total. A estimación de xente coa carpa chea é de 2.000 persoas.