A Festa do Marisco mantén a calidade do produto atlántico

Publicado por o día 05/10/2019 na sección de Galicia,O Grove

A Festa do Marisco mantén a calidade do produto atlántico

A calidade do marisco que se pode degustar na Festa do Marisco fai que esta sega a despuntar no número de racións consumidas.

Os produtos elixidos polos visitantes fan destacar o polbo con 728 racións consumidas, os mexillóns con 666 racións, o arroz de mariscos con 602 racións ou as navallas con 455. O bo facer dos panadeiros grovenses queda patente ante case 900 racións de pan e ao redor de 600 racións de empanadas de atún, centeo con zamburiñas, mexillón ou polbo. A novidade introducida o ano pasado co cangrexo real está a consolidarse e durante a xornada de onte venres chegáronse ás 100 racións. Os percebes e as ostras suman outras 500 racións e así podemos seguir co resto dos mariscos. A novidade deste ano nas bebidas está no viño espumoso que empeza a maridar cos produtos do mar.

Concertos na Festa do Marisco

Volta a encherse a carpa dos Concertos do Marisco. Nesta ocasión o público foi moito máis mozo, en moitos casos acompañados aínda polos seus país.

Para esta noite agárdase a actuación de Christina Rosenvinge, Imelda May, Triángulo de Amor Bizarro e para rematar o DJ Nano Vinilo.