A Fundación Vigo Convention Bueau suma outro novo socio, Galicia.wine

Hoxe temos a satisfacción de dar a benvida a un novo socio da Fundación Vigo Convention Bureau, Galicia. wine.
Publicado por o día 08/10/2018 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

A Fundación Vigo Convention Bueau suma outro novo socio, Galicia.wine

Hoxe temos a satisfacción de dar a benvida a un novo socio da Fundación Vigo Convention Bureau, Galicia. wine.

A empresa dirixida por Jorge Vila, fundador do Instituto Galego do Viño, dedícase á formación sobre a cultura do viño tanto para profesionais como para afeccionados e á organización de viaxes e outros eventos ao redor desta mesma temática.

As viaxes que organizan están pensados para persoas afeccionadas á cultura do viño, a gastronomía, a natureza e a cultura en xeral. Hainos dun día, para coñecer de preto cada unha das denominacións de orixe do viño en Galicia; de dúas xornadas, que permiten profundar máis coa visita de dúas adegas e actividades deportivas e culturais; e de 7 días, percorrendo as principais denominacións de orixe de Galicia e do norte de Portugal. Ademais, teñen unhas viaxes para profesionais de 3 días para compaxinar clases con visitas e mergullarse de cheo na cultura do viño e coñecer ás persoas que os elaboran. As próximas viaxes programadas son:

De 2 días: Douro e O Porto (12 e 13 outubro)

De 1 día: Ribeira Sacra (17 novembro)

Galicia. wine realiza tamén propostas personalizadas para grupos que poden ser moi interesantes para o tempo de lecer das persoas que acoden aos congresos e outros eventos. Por outra banda, para as empresas tamén organizan comidas de negocios, un día ou un fin de semana para potenciar o traballo en equipo ou calquera outra suxestión que expoña o cliente relacionada co mundo do viño.

O próximo evento que teñen organizado é céaa-maridaxe “De viños polo mundo: Francia”, organizada en colaboración co Círculo de Empresarios de Galicia e que se celebra o venres 19 de outubro.

Os cursos están estruturados en diferentes niveis de profundidade en función da experiencia e coñecemento dos alumnos. Así, ofrecen cursos de iniciación, intermedio, avanzado e para profesionais. Por outra banda, imparten tamén cursos do WSET ( Wine & Spirit Education Trust), unha organización con sede en Londres que é referencia internacional en formación do viño. O próximo curso de Nivel 2 do WSET celébrase os días 29 e 30 de outubro e aquí tes máis información.

Como vedes, Galicia. wine é unha empresa que ten moitas cousas que ofrecer ao mundo MICE e estamos encantados de que formen parte da nosa familia.