A Garda Civil desmantela unha organización delituosa dedicada á falsificación e contrabando de tabaco

Hai 27 persoas detidas, rexistráronse tres naves industriais e interviñéronse máis dun millón de paquetes de tabaco, 750 quilos de tabaco picado, 2.000 quilos de cigarros leados e dous pallets de cigarros defectuosos
Por o 12/04/2019 | Sección: Sucesos
A Garda Civil desmantela unha organización delituosa dedicada á falsificación e contrabando de tabaco

A Garda Civil, no marco da Operación Pastela, desmantelou unha organización delituosa, composta por 27 persoas, que producían grandes cantidades de labores de tabaco de forma ilegal en diferentes naves repartidas polo territorio nacional e cuxa produción exportaban a países de Europa.

Os 27 detidos proceden de países do Leste de Europa e teñen idades comprendidas entre os 29 e 62 anos. Impútanselles delitos de homicidio imprudente, contra a facenda pública, contrabando, organización criminal, sobre a venda e distribución de labores de tabaco a nivel internacional e ocultación dos seus beneficios mediante fraudes fiscais.
A investigación comezou en setembro do pasado ano, tras producirse un incendio nunha nave do polígono industrial de Manzanares (Cidade Real) que se saldou con 16 persoas feridas e 2 falecidas.
A inspección ocular da nave puxo ao descuberto unha gran cantidade de tabaco picado e maquinaria industrial, ademais dunha zona creada a modo de vivenda para os operarios que traballaban na nave incendiada.
Investigacións posteriores corroboraron que a actividade  da nave era a fabricación, elaboración e distribución de cigarros a partir de tabaco picado de maneira ilegal, xa que se descoñecía a procedencia da picadura coa que se elaboraban os cigarros.

Modus Operandi

A coordinación da Garda Civil con Europol determinou que a organización conseguía grandes cantidades de picadura de tabaco que trasladaba ata as naves. Alí realizábanse as fases de produción, elaboración e distribución do tabaco, para o seu posterior traslado a outros países europeos como Inglaterra, Italia e Rusia.
Captaban aos operarios en países do Leste de Europa para traballar nas naves por períodos dun mes aproximadamente. Así non levantaban sospeitas xa que ningunha destas persoas tiña visado para traballar e entraran a España como turistas.
Estes traballadores vivían no interior da nave durante toda a estancia e eran substituídos continuamente para non xerar lazos amigables entre eles nin coa poboación local.
Os investigadores interceptaron un camión cando saía dunha das naves pertencente á organización e, tras inspeccionar a súa carga, acharon numerosos pallets de tabaco falsificado, xa preparado para a súa distribución e venda, ocultos tras outros dous pallets sen carga.
Foi detido o condutor do camión e a persoa que conducía un vehículo “lanzadeira”, que se situaba diante do camión como medida de seguridade para evitar ser interceptados.
Rexistráronse tres naves industriais en Santaella (Córdoba), contiguas unhas doutras, e detívose a outras 23 persoas que se atopaban nese momento traballando na elaboración ilegal de tabaco, así coma a outras dúas persoas, veciñas de Santaella, propietarias da nave.
Ademais foron intervidas 1.154.400 paquetes de tabaco, 750 quilos de tabaco picado, 2.000 quilos de cigarros leados e 2 pallet de cigarros defectuosos.
Estímase que esta fábrica tería unha capacidade de produción de 200 millóns de euros durante os catro meses que durou a súa actividade, cunha capacidade diaria de produción de 1.200.000 euros.
A investigación foi desenvolta pola Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) da Comandancia de Cidade Real e a Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil, en coordinación con Europol. Os detidos, xunto coas dilixencias, pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Manzanares. Decretouse o ingreso en prisión de todos eles.

Comentar noticia

Your email address will not be published.