A Gran Vía de Vigo volverá acender o Nadal desde o Hospital Álvaro Cunqueiro

O aceso do Nadal do centro comercial realizarase o vindeiro mércores 20 de novembro con motivo do Día Universal do Neno desde o Hospital Álvaro Cunqueiro
Publicado por o día 15/11/2019 na sección de Galicia,Sanidad,Vigo

A Gran Vía de Vigo volverá acender o Nadal desde o Hospital Álvaro Cunqueiro

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo, arrincará o Nadal cun GRAN sorriso. O mércores 20 de novembro, Día Universal do Neno, volveremos celebrar un ano máis o inicio do Nadal por todo alto cun emotivo evento cos nenos e nenas do Hospital Álvaro Cunqueiro como protagonistas.

Serán elxs os encargadxs de acender as luces da árbore de 6 metros e os máis de 1.200 metros de iluminación repartidos polas tres plantas e cuberta do centro comercial, en rigoroso directo, ás 18:30 horas desde a Planta 3 do hospital.

Todos os clientes tamén poderán ser partícipes deste momento tan especial grazas a unha pantalla que estará disposta na Planta Principal da Gran Vía de Vigo, a partir das 18:30 horas.

Ademais, este ano, como novidade organizaremos tamén un espectáculo especial e gratuíto a cargo da coñecida compañía Jamming “Mi GRAN sonrising” para pacientes, acompañantes e persoal do Hospital Álvaro Cunqueiro, que terá lugar ás 17:30 horas na entrada principal do hospital.

Destacar que se trata do segundo ano consecutivo no que Gran Vía de Vigo realiza o aceso desde o Hospital Álvaro Cunqueiro e que esta iniciativa foi galardoada recentemente co primeiro premio na categoría Mellor Valor social en proxecto ou acción social no recoñecido Festival Internacional de Publicidade Social Publifestival.

Compartimos o vídeo resumen do aceso de 2018

Xuntxs, acendemos a ILUSIÓN!