A gripe de 1918 en Vigo

Publicado por o día 18/05/2020 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

A gripe de 1918 en Vigo

Para continuar co ciclo Os martes, na casa, o vindeiro martes, 19 de maio, o Ateneo Atlántico de Vigo ten programado o coloquio A gripe de 1918 en Vigo. A pandemia do século XX e unha viaxe literaria a Brasil.

O acto terá lugar o martes 19 de maio, ás 18 horas, e o lugar de encontro será a canle de Youtube do Ateneo; tamén pode seguirse a través do blog (ateneoatlantico.gal) e das redes sociais.

Xosé Carlos Abad (Historiador, profesor, escritor, membro fundador e actual presidente do Instituto de Estudos Vigueses) falaranos de como afectou a gripe de 1918 á cidade de Vigo; semellanzas e diferenzas coa actual pandemia do Covid-19 e relato sobre a reacción das autoridades viguesas da época, así como as repercusións sanitarias, económicas e sociais.

A expansión da gripe levaranos ata Brasil con Wagner Gutiérrez (Brasileiro, periodista, escritor, descendente de galegos, está a piques de acabar a novela ‘Demerara’, título que fai alusión ao nome do barco que levou e espallou o virus da gripe por toda Iberoamérida); o virus chegou desde España a Brasil viaxando barco desde España: a pandemia como inspiración literaria. Actuará como moderador José Luis Mateo (Historiador, libreiro, escritor e membro do IEV e do Ateneo Atlántico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.