A Guarda acolle do 11 ao 17 de outubro a mostra de filatelia Exfimiño 2018

Do 11 ao 17 de outubro de 2018 a Casa dos Alonsos do Concello da Guarda acolle a XXXVI exposición filatélica e a XXII EXFIMIÑO que este ano estará adicada a conmemorar o 350 Aniversario da liberación da dominación portuguesa de A Guarda e do Castelo de Santa Cruz.
Publicado por o día 30/09/2018 na sección de A Guarda,Galicia

A Guarda acolle do 11 ao 17 de outubro a mostra de filatelia Exfimiño 2018

A inauguración realizarase o xoves 11 de outubro ás 20:30h e contará coas intervencións da Concelleira de Cultura, Elena Baz; o Presidente da Sociedade Numismática e Filatélica Guardesa, Luciano Lomba; o Presidente de FEGASOFI, Valentín Suárez Alonso, o historiador local Joaquín Miguel Villa; así como representantes doutras sociedades filatélicas, expositores e visitantes.

Como ven sendo habitual, a mostra estará montada nos baixos da Casa dos Alonsos, edificio onde recentemente se instalaron as dependencias do Concello de A Guarda, contando con varias vitrinas cedidas pola Federación Galega de Sociedades Filatélicas e outros expositores con coleccións de selos, moedas e coleccionables varios, nas categorías de xuvenis, filatelia moderna, clase aberta, temática, maximofilia, tradicional e historia postal.

A mostra estará aberta en horario de maña de 11:00h a 14:00h horas e pola tarde de 17:00h a 20:00h horas.

Como ven sendo habitual porase en circulación un selo personalizado, cunha imaxe do plano do castelo de Sta. Cruz, cedida por InfoMaxe e un cuño conmemorativo coa imaxe da entrada principal do castelo, inmortalizando esta edición 2018.

Dende o Concello da Guarda convídase á cidadanía e visitantes a aproveitar esta oportunidade única e visitar esta exposición a partires do 11 de outubro.