O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba, e os representantes de 53 asociacións guardesas veñen de firman os convenios para as subvencións nominais concedidas a cada unha delas para o ano 2018, aprobados en Pleno Ordinario.
As axudas municipais, cunha contía total de 125.610€, destínase a distintas asociacións guardesas de carácter deportivo(70.300€), cultural(36.110€) e social(19.200€), co obxectivo de contribuír ao correcto desenvolvemento das entidades de acordo coas actividades levadas a cabo por cada unha delas, apoiando o traballo e o esforzo que realizan en favor da nosa comunidade.
De entre o total das asociacións beneficiarias, 27 delas son entidades culturais e 19 constitúen asociacións deportivas, namentres as 7 restantes desenvolven labores de carácter social e, de xeito extraordinario, as Festas do Monte perciben axuda en calidade de actividade cultural por valor de 15.000€
Os colectivos que recibirán un maior importe en cada ámbito son as Festas do Monte e a Asociación das alfombras florais (Cultura), o Club de Balonmán Mecalia Atlético Guardés e o Club Sporting Guardés (Deporte), e o Centro San Xerome Emiliani e a Asociación Érguete (Fins Sociais).
O Concello da Guarda é un dos gobernos locais da comarca que máis subvencións destina ás asociacións deportivas, culturais e de carácter social do seu municipio, dada a variedade e calidade das organizacións que desenvolven unha importante labor diaria en beneficio dos guardeses e guardesas.
Tamén cabe destacar o apoio que se realiza dende o Concello da Guarda a estes colectivos ao longo do ano aportando materiais, infraestruturas e operarios municipais para colaborar nos distintos eventos que se realizan, así coma a cesión de espazos públicos, petición de permisos, entre outras xestións.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.