A Guarda contará cun operativo ampliado de seguridade cidadán

A subdelegada do Goberno compromete un reforzo dos efectivos da Garda Civil para a localidade do Sur de Galicia
Publicado por o día 22/03/2019 na sección de A Guarda,Galicia

A Guarda contará cun operativo ampliado de seguridade cidadán

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba comprometeu hoxe un operativo ampliado de seguridade cidadán para a localidade de A Guarda tras os roubos acontecidos nos últimos días. Larriba mantivo unha xuntanza co alcalde, Antonio Lomba, na que este mostrou a inquedanza que existe entre a veciñanza da súa localidade polos últimos roubos acontecidos na vila.

Nesta xuntanza, estivo tamén presente o máximo responsable da Garda Civil na provincia, o tenente coronel, Manuel Touceda e o capitán da compañía da zona Sur da provincia. No encontro e ante os datos dos últimos roubos decidiuse ampliar o operativo de seguridade na vila no que participará a Garda Civil e a propia Policía Local dentro das súas posibilidades.

A subdelegada considerou que en materia de seguridade cidadán sempre existen “picos” de incrementos, pero a realidade é que A Guarda é unha localidade segura xa que o ano pasado os corpos e forzas de seguridade do Estado acadaron un descenso do 20 por cento nas infraccións penais.

A realidade é que nos últimos días producíronse uns roubos que teñen intranquila á poboación polo que vaise a intensificar a vixiancia. Maica Larriba tamén aproveitou para solicitar a colaboración cidadán para que alerten ante a posibilidade de sospeitosos e que tamén denuncien sen medo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.