A Guarda inviste case 6000€ na Gardería Municipal

Publicado por o día 30/08/2018 na sección de A Guarda,Galicia

A Guarda inviste case 6000€ na Gardería Municipal

O Concello da Guarda acometerá a vindeira semana as obras de reposición e adecuación do pavimento do parque infantil exterior da Gardería Municipal sita na Rúa Rosal na zona das Solanas, unha actuación que consistirá na retirada da lousa existente e a instalación dunha nova superficie de caucho proxectado contínuo SBR para unha maior seguridade e desfrute dos nenos deste espazo.

Na xornada deste xoves o Concelleiro de Obras, Miguel Español e a Concelleira de Servizos Sociais, Mª Teresa Vicente, visitaron estas instalacións para comprobar «insitu» o lugar onde se realizarán estes traballos.

Segundo amosaron os concelleiros na súa visita, estas obras repercutirán na calidade do servizo que se oferta dende a Gardería municipal, así como na seguridade para os nenos e nenas que a empregan, sendo esta unha demanda dos pais e nais, que queda deste xeito resolta.

O Concello da Guarda investirá nestas obras un total de 5,880,60€, asumidos con fondos propios.