A Guarda liquidou o exercicio 2017 cun remanente positivo de tesourería

Publicado por o día 19/09/2018 na sección de A Guarda,Galicia

A Guarda liquidou o exercicio 2017 cun remanente positivo de tesourería

O Concello da Guarda ven de aprobar o decreto da liquidación do orzamento municipal correspondente ao exercicio 2017 cun saldo moi favorable para as arcas municipais, grazas a o esforzo levado a cabo dende as diferentes concellerías, que supuxo un remanente favorable de tesourería para gastos xerais de 1,212,490,24€, o departamento de Facenda destaca que é o dato máis elevado da serie histórica.

A liquidación de contas do 2017 amosan un resultado orzamentario positivo de 2,419,859,90€ e o cumprimento por parte do Concello da regra do gasto, do criterio de estabilidade e tamén do cumprimento do equilibrio orzamentario.

Este remanente favorable vai permitir, entre outras actuacións, a futura compra do campo de Fínola, ao carón da Alameda da Guarda.

O Concello da Guarda ingresou no exercicio 2017 un total de 7,368,784,56€, sendo o gasto total para este exercicio de 6,957,314,19€.

Período medio de pago a provedores

Outro dato salientable é o período medio de pago a provedores, no segundo trimestre de 2018 o período medio de pago a provedores se sitúa nos 12,35 días, moi por debaixo doutros concellos e da media autonómica de 33 días a media da administración central de 46 días.

Débeda cos bancos

En canto á débeda cos bancos, o Concello da Guarda conta cun endebedamento excepcional, moi inferior aos de anos anteriores. O equipo de goberno leva anos facendo un esforzo, adoptando medidas en canto ao control do gasto, racionalización e eficiencia, recordando que no ano 2006, o endebedamento cos bancos foi de 2,150,606,64€, chegando no exercicio do 2017 a un endebedamento histórico de 0€, xunto con esta cifra de endebedamento 0€ podemos salientar tamén de que así como o endebedamento con provedores no ano 2006 situábase en 2,238,488,47€, a data de 31 de decembro de 2017 o Concello da Guarda tiña unha débeda con provedores de 436.509,47€.