A Guarda pecha o Nadal este domingo

Publicado por o día 08/01/2020 na sección de A Guarda,Galicia

A Guarda pecha o Nadal este domingo

A Guarda pecha a programación e actividades do Nadal 2019/20 este domingo co peche da Pista de Xeo da Alameda e o apagado do alumeado de Nadal.

Malia que inicialmente as previsións eran as de manter a Pista de Xeo ata o vindeiro día 19 de xaneiro, debido a baixa afluencia e demanda da mesma, a empresa que xestiona a mesma decidiu adiantar o seu peche  a este domingo día 12 de xaneiro.

A Guarda pecha deste xeito un Nadal que se iniciaba o 5 de decembro co acendido do alumeado e no que os nenos e nenas da vila foron os principais destinatarios da ampla programación que se levou a cabo con espectáculos infantís, concertos, tardes de xogos e ludotecas, ás que asistiron moitos cativos e cativas da vila.

A programación contou tamén este ano coa música en directo dos grupos Inertes e Presumido, así coma unha Barferencia, o tradicional concerto de panxoliñas, dos alumnos e alumnas do Conservatorio da Guarda, exposicións e unha espectacular Cabalgata de Reis Magos, que encheu as rúas da vila de asistentes, cunha recepción multitudinaria na Casa dos Alonso.