“A ILLA DAS MENTIRAS”, de PAULA CONS, fará a súa estrea o 24 de xullo a través da plataforma Filmin

Protagonizada por Nerea Barros, Dario Grandinetti e Aitor Luna, a película inspírase no naufraxio do buque “Santa Isabel” fronte á costa galega
Publicado por o día 26/06/2020 na sección de Cultura,Eventos

“A ILLA DAS MENTIRAS”, de PAULA CONS, fará a súa estrea o 24 de xullo a través da plataforma Filmin

Comprácenos anunciar a estrea de A illa das mentiras, ópera prima de Paula Cons, o próximo 24 de xullo a través da plataforma Filmin, onde estará dispoñible para alugar e tamén por subscrición sen custo adicional para os subscritores.

A película, coescrita por Paula Cons e Luis Marías, está protagonizada por Nerea Barros (La Isla Mínima– Premio Goya Mellor Actriz Revelación; miniserie Días de Navidad), Dario Grandinetti (serie Hierro; Relatos Salvajes) e Aitor Luna (Sordo; miniserie La catedral del mar). Completan o reparto as galegas Victoria Teijeiro (Esperando septiembre) e Ana Oca (Escarabana). Outras caras coñecidas son as de Milo Taboada, Celso Bugallo, María Costas, Machi Salgado e os vascos Javier Tolosa e Leyre Berrocal, entre outros.

A película está inspirada libremente en feitos reais, concretamente no afundimento do buque  “Santa Isabel” frente ás costas da illa de Sálvora en 1921.
Este é o punto de partida dun thriller onde o máis interesante non é o naufraxio en sí mesmo, se non as consecuencias que ten nun microcosmos tan pechado e peculiar como o da illa de Sálvora. Tamén é unha homenaxe ás 3 mulleres que salvaron a vida de 48 persoas e que foron inxustamente esquecidas pola historia.

Sinopse

Inspirada libremente en feitos reais. A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel, con destino Bos Aires e 260 persoas a bordo, afundiu fronte á dura costa da illa de Sálvora, en Galicia. A falta de homes na illa tres mulleres, María (Nerea Barros), Josefa (Victoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico que pagarán ben caro.
Un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Pouco a pouco irá descubrindo que esa noite se produciron demasiadas casualidades na illa, chegando incluso a sospeitar que o naufraxio puido ter sido provocado.

Namentres, xa nada será igual. O naufraxio sacudirá e cambiará para sempre a vida da illa.

A illa das mentiras é a primeira longametraxe de ficción como directora de Paula Cons. Antes dirixira os documentais A batalla descoñecida, (Seminci 2017- DocEspaña, e gañador do premio “Mestre Mateo” ao Mellor Documental), e O caso Diana Quer. 500 días.

O guion é tamén de Paula Cons e conta coa colaboración de Luis Marías como coguionista. A directora rodeouse dun equipo de profesionais de primera liña como o director de fotografía, Aitor Mantxola (El fotógrafo de Mauthausen); o director de arte, Antonio Pereira (serie Fariña); a montadora, Julia Juániz; a responsable de maquillaxe e peiteado e nominada por cuarta vez ao Goya nesta categoría, Raquel Fidalgo, a diseñadora de vestiario, Eva Camino (serie Fariña) e a lingüista, Rosa Moledo (serie Fariña).

A Isla das mentiras é unha coprodución entre a produtora galega Agallas Films, a vasca Historias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Governo Vasco, ICAA, INCAA arxentino, ICA portugués e o Programa Ibermedia. Filmax ocúpase da súa distribución nacional e internacional.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.