Alfonso Marnotes: “Co anuncio das luces de nadal Abel Caballero lanza unha cortina de fume para que non se fale da súa traizón aos municipios e provincias ao poñerse ao lado do Goberno e permitir que se apropie dos aforros dos veciños”.
“A iluminación do Nadal non é unha prioridade. Agora mesmo a prioridade é evitar os gromos e afrontar as consecuencias económicas e sociais. Hai que apoiar ao comercio local”.
“Vigo é a única cidade española que non estableceu axudas para os comerciantes ou os hostaleiros”.
“Hai que reforzar os servizos sociais municipais: Vigo é unha cidade precaria en gasto social, das que menos gasto social ten por habitante. Dedícalle apenas o 7% do seu orzamento, cando debería ser superior ao 10%”.
Noticias de última hora en Vigo