A iniciativa OCEANETS pretende evitar a perda das redes de pesca e a reutilización dos residuos plásticos mariños

OCEANETS, A INICIATIVA QUE RECICLA REDES PERDIDAS NO MAR PARA A SÚA UTILIZACIÓN NO SECTOR TÉXTIL
Publicado por o día 05/05/2019 na sección de Confederación Española de Pesca,Galicia,Vigo

A iniciativa OCEANETS pretende evitar a perda das redes de pesca e a reutilización dos residuos plásticos mariños
A iniciativa OCEANETS pretende evitar a perda das redes de pesca e a reutilización dos residuos plásticos mariños ou dos aparellos que xa non cumpren ningunha función. A súa reciclaxe consistirá na posterior produción de fibras téxtiles para a fabricación de produtos para a industria téxtil. Con esta idea procúrase reducir a contaminación mariña causada por estes refugallos e ademais conseguir un beneficio económico, se é posible. A Cooperativa de armadores de pesca do Porto de Vigo (ARVI), participará no proxecto.
 
Este proxecto, que comezou o pasado xaneiro do 2019 e terminará a finais do 2020, pretende deseñar unha ferramenta TIC para poder localizar as redes perdidas e así poder recuperalas. Isto implementarase nas cartas náuticas e servirá para detectar zonas de enganche pola presenza de elementos voluminosos ou aparellos.
 
Esta ferramenta TIC, desenvolta pola Asociación Vertidos Cero coa participación de ARVI, probarase polo menos en 10 barcos. Entre os obxectivos pénsase obter 50 metros de fibra téxtil composta case na súa totalidade (90%) por redes recicladas, e posteriormente executar o plan de explotación do produto no sector téxtil. OCEANETS tamén busca concienciar aos pescadores sobre a importancia deste tema, para poder reciclar os refugallos que alberga o noso mar.
 
O Instituto Tecnolóxico do Plástico (Aimplas) é líder do consorcio que leva a cabo o proxecto. ARVI tamén se suma e con eles a Asociación Vertidos Cero, a empresa de moda sustentable Ecoalf, os grupos de márketing e de economía aplicada da Universidade de Vigo e a empresa checa de fabricación de téxtiles Sintex. O financiamento corre a conta da Axencia Executiva para as Pemes ( EASME) e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Comentar noticia

Your email address will not be published.