A inscripción no censo suma 450 novas persoas e sitúase preto das 3.000 o que demostra o interese da xente de formar parte dos procesos internos de En Marea como o Plenario do vindeiro sábado

“Valoramos moi positivamente esta afluenza de novos militantes porque significa que somos cada vez máis as persoas que queremos participar nesta alternativa popular e nos seus procesos internos”
Publicado por o día 25/10/2018 na sección de En Marea,Política

A inscripción no censo suma 450 novas persoas e sitúase preto das 3.000 o que demostra o interese da xente de formar parte dos procesos internos de En Marea como o Plenario do vindeiro sábado

“Cada vez somos máis as persoas que queremos participar nesta organización e nos seus procesos internos”, dixo esta mañá a vicevoceira de En Marea, Victoria Esteban, na presentación do Plenario do vindeiro sábado tras adiantar a cifra do censo do espazo que desde o mes de marzo medrou en 450 persoas, situándose o total preto das 3.000 inscritas.

“Valoramos moi positivamente esta afluenza de novos militantes porque significa que EM se consolida como a alternativa popular que vai liderar o cambio político en Galicia. Significa que somos cada vez máis as persoas que queremos participar nesta organización e nos seus procesos internos”, engadiu Esteban e precisou que tamén “significa que queremos escoller democraticamente aos nosos representantes nos órganos de dirección e que cada vez somos máis as persoas que queremos que medre esta organización desde a base”.

A vicevoceira agradeceu as numerosas persoas que se inscribiron no voluntariado para a organización do Plenario e que demostra unha vez máis o interese das bases por participar na alternativa política que é En Marea.

Ana Seijas adiantou a orde do día do Plenario e as teses que se debaterán na Facultade de CC Economicas e Empresarias de Santiago, e explicou que para favorecer a participación haberá un espazo de conciliación para as persoas que queiran deixar as súas fillas e aos seus fillos, e un xantar para evitar os desprazamentos, e “sumarmos fraternidade”. A vicevoceira aclarou tamén que o censo de EM non se pecha, e sempre está aberto para as persoas que decidan inscribirse, pero por cuestións organizativas, as que non o fixeron antes de onte ás 23:59h, non poderán participar no Plenario do sábado.

Seijas informou por último que para os medios de comunicación instalarase unha sala de prensa na que haberá dúas comparecencias ao longo do día: a primeira ás 12:30 horas e a segunda ás 18.00 horas. E, aproveitou para lembrar que os medios que queiran cubrir o Plenario deberán estar previamente acreditados (comunicacion@enmarea.gal).

Aquí, podedes acceder a toda a DOCUMENTACIÓN