A inversión municipal en políticas sociais aumentou nun 288% desde o ano 2007

O Concello adica 52 millóns a políticas sociais, o que supón un incremento de dun 288% máis respecto ao ano 2007. En rolda de prensa, a concelleira de Política Social asegurou que a administración local vese na obriga de suplir as carencias e a falta de xestión da Xunta de Galicia na cidade.
Publicado por o día 26/11/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A inversión municipal en políticas sociais aumentou nun 288% desde o ano 2007

A edil de Política Social, Yolanda Aguiar, cifrou en 52 millóns o orzamento social do Concello o supón que Vigo teña unha “das políticas sociais máis ambiciosas do Estado”, con partidas de 2,6 millóns de euros para evitar desafiuzamentos, máis de 6 millóns para plans de emprego para colectivos en risco de exclusión e vulnerables; máis de 6 millóns para subvencionar o transporte colectivo dos maiores ou 1,6 millóns para bolsas de libros e comedor, entre outras. A progresión destas cifras, explicou, elevan nun 288% a inversión municipal en políticas socias desde o ano 2007.

Aguiar lamentou a falta de políticas sociais do Goberno autonómico na cidade e esixiu a implantación de medidas inmediatas para paliar o importante problema de vivenda social que padece a cidade pola neglixente xestión da Xunta.