A IX Conferencia Mundial do Atún reúne en Vigo aos líderes mundiais do sector atuneiro

“A sostibilidade e competencia legal deben ser un empeño colectivo”, afirmou Abel Caballero durante a inauguración do encontro.
Publicado por o día 16/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A IX Conferencia Mundial do Atún reúne en Vigo aos líderes mundiais do sector atuneiro

Máis de 350 directivos de empresas líderes a nivel mundial no ámbito do sector industrial transformador e conserveiro de produtos do mar, frota atuneira, comercializadores de atún e as súas industrias auxiliares reúnense hoxe e mañá en Vigo na IX Conferencia Mundial do Atún.

O alcalde destacou na inauguración a importancia de realizar unha xestión sustentable do atún e, para iso, apelou ao “empeño colectivo de todas as partes da cadea”. Tamén fixo un chamamento para alcanzar acordos en augas internacionais “e que todos teñamos as mesmas armas e realicemos as capturas dunha forma controlada e pacífica”.

Caballero encomiou o papel dos organizadores deste evento, Anfaco Cecopesca, que representan “esta forma colaborativa de desenvolver a industria”.

Na inauguración estiveron presentes outras autoridades como Juan M. Cerqueira, presidente de Anfaco- Cecopesca; Juan Vieites, secretario xeral de Anfaco- Cecopesca; Alicia Villauriz, secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura; Víctor Casal, director de Empresas, Pymes e Banca Sectorial de Abanca e Corina Porro, Delegada Territorial da Xunta en Vigo.

Participan na conferencia representantes de empresas de 40 países cuxa produción suma o 90% da produción mundial de conservas de atún. Ao longo destes dous días destacados relatores abordarán temas como as tendencias do mercado do atún, a situación dos stocks atuneiros, a innovación no mundo do atún e a sostibilidade e trazabilidade deste peixe.

Comentar noticia

Your email address will not be published.