A Lei de Ordenación Farmacéutica ten moi pouco de sanitaria e moito de empresarial

Publicado por o día 07/05/2019 na sección de Política,PSOE

A Lei de Ordenación Farmacéutica ten moi pouco de sanitaria e moito de empresarial

O Portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe á Xunta de Galicia de presentar unha Lei de Ordenación Farmacéutica que, “máis que unha lei sanitaria é unha lei empresarial”. No debate de totalidade desta norma no Pleno do Parlamento, sinalou que se trata dunha lei “cativa e sen explicación que deixa moitas oportunidades perdidas”

Os socialistas abstivéronse na votación do texto –que comeza hoxe o trámite parlamenario- para “ter a oportunidade de mellorar con posterioridade”, e remarcou que “para que a Lei poida saír adiante debe facerse de forma adecuada e contando có punto de vista do usuario”.

Torrado sinalou que a “mal chamada” disposición a domicilio que a Xunta de Galicia inclúe nesta norma en realidade “abre a porta a amazonizar a farmacia” obviando controis de calidade nin garantía asistencial. Sinalou que se trata dunha “lei falta de certa protección e amparo” que reduce a “relación neutral entre farmacéuticos e usuarios” e reclamou que o usuario debe recibir garantía asistencial xa que “un medicamento non é un pantalón ou un xogo de cubertos”.

Torrado acusou á Xunta de Galicia de “promover unha lei sanitaria empresarial que non entra nin en materias asistencias nin sanitarias”. Lembrou que se trata dunha “lei cativa e branda” que deixa en mans dos profesionais farmacéuticos a calidade do sistema, e sinalou que “é importante contar cos usuarios no proceso, pero tamén deben ser informados do resultado final, e non deixar o traballo a medias”.

O deputado socialista sostivo que “a regulación fiscal, empresarial e laboral non debe ser o eixo da Lei” e mostrou a súa sorpresa ante a imposición de máis limitacións para a lei “cando aínda está falta de explicar”. Lembrou que “hai que garantir a calidade e o funcionamento do sistema en beneficio do usuario final”, así como “a necesidade de garantir a concesión da titularidade das farmacias”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.