A librería Cartabón, a asociación Ateneo Atlántico e a editorial Xerais suspenden os seus actos culturais

Publicado por o día 12/03/2020 na sección de Galicia,Vigo

A librería Cartabón, a asociación Ateneo Atlántico e a editorial Xerais suspenden os seus actos culturais

O comunicado da Libreria Cartabón

Tendo en conta os recentes acontecementos, dende Libraría Cartabón suspendemos todos os actos até novo aviso na nosa libraría. Hai que ser conscientes e responsables e seguir as indicacións e consellos que nos marcan dende o sistema sanitario. Non se trata de alarmar, senón de informar. Por iso é moi importante utilizar as canles apropiadas e fuxir de bulos. Aqui quen máis sabe son as persoas que conforman o noso sistema sanitario. A elas é a quen debemos acudir e seguir as pautas que nos marcan para que este becho con coroa saia destronado. Todo o noso apoio e ánimo para as persoas que están sufrindo o coronavirus e ás súas familias. Do mesmo xeito, queremos poñer en valor o traballo dos mé[email protected], [email protected], auxiliares, [email protected]…. que cada día se esforzan para que os demáis estemos ben.

O comunicado da asociación Ateneo Atlántico

Por mor da alerta sanitaria creada polo COVID19, e guiada pola prudencia, a serenidade e a responsabilidade que deben ser guía nestas situacións, a Xunta Directiva do Ateneo Atlántico de Vigo vén de decidir o aprazamento, desde xa mesmo e ata novo aviso, de todas as actividades que tiña programadas. O Ateneo Atlántico seguriá en contacto coas súas asocidadas e simpatizantes a traves dos medios habituais (blog, Correo-E, Facebook…)

O comunicado da Editorial Xerais

A partir de hoxe, e ata novo aviso, Xerais desconvoca todos os actos de presentación de libros que tiñamos programados.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.