A Librería Cartabón acolle a presentación da nova novela de María Xosé Porteiro “Sándalo”

Por o 28/05/2019 | Sección: Cultura,Eventos,Galicia,Vigo
A Librería Cartabón acolle a presentación da nova novela de María Xosé Porteiro “Sándalo”
Compartir en:
O xoves, 30 de maio, ás 20:30h, terá lugar na libraría Cartabón de Vigo a presentación de Sándalo, a nova novela de María Xosé Porteiro. Acompañando á autora estarán a concelleira Isaura Abelairas, o crítico literario Ramón Nicolás e Carlos Lema, director de Edicións da Editorial Galaxia.
Anave de Sándalo percorre douscentos anos de historia entre Europa e América. Fitos heroicos, Ulises galaicos, orixas afrocubanas, secretas sociedades de figuras públicas, independencias políticas e pendencias eróticas, saltan de tempo e lugar nunha viaxe emocionante con corpo de relato estimulante dos sentidos e dos sentimentos, para facernos cómplices da relación antiga e inmorrente de dous universos unidos pola Corrente do Golfo: Galicia e
Cuba.
María Xosé Porteiro. Licenciada en Publicidade, xornalista, escritora e política. Traballou en El Pueblo Gallego, La Voz de Vigo, Radio Popular, La Voz de Galicia, Tiempo e El País. Así mesmo, foi xefa de prensa do Concello de Vigo e directora de INCOLSA, do Museo del Ferrocarril de Madrid e da Dirección de Comunicación da Fundación de los Ferrocarriles Españoles. Ademais, publicou narrativa e ensaio. Foi concelleira en Vigo, deputada no parlamento galego e no Congreso dos Deputados, membro das Asembleas Parlamentarias do Consello de Europa e da Unión Europea Occidental, e delegada de Galicia no Exterior. Ten a Encomenda ao Mérito Civil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.