A librería Cartabón do barrio de Vigo de O Calvario acolleu a segunda entrega de Vicvs

Publicado por o día 07/05/2019 na sección de Cultura,Galicia,Vigo

A librería Cartabón do barrio de Vigo de O Calvario acolleu a segunda entrega de Vicvs

Beto Luaces naceu en 1969 en Montivideo (Uruguay). En 1978, os seus pais, emigrantes galegos, acordan retomar a Galicia e el vai con eles. No mes de maio dese ano, pasa de vivir na capital Charrua a unha aldea da serra do Suido. O impacto é inevitabel e en troques de afectalo, queda marabillado coa descuberta das xentes da serra e das súas tradicións. Todo é novo e máxico. Mais a familia non demora en se instalar na cidade de Vigo, ainda que sempre que pode, regresa á aldea na fin de semana e nas vacacións.

A conexión con Suido consolidase na súa adolescencia e xa non hai quen a derrame. Logo, reside en Santiago de Compostela para cursar os estudos de Filoloxía Galega e Portuguesa. Sen embargo, a sua vida laboral discorre polos vieiros da Administración de Xustiza en Vigo, alí traballa como funcionario e reside actualmente, así e Beto Luaces o autor dos libros Vicvs.

A presentación da súa nova novela tivo lugar o día de onte na Librearía Cartabón ás 20:15h, esta segunda entrega pertence á serie de ” Vicus”, onde, nesta ocasión debulla o asasinato do maior conserveiro da cidade olívica e pon ao detective privado Manuel Peixoto, un dos protagonistas da primeira obra, a cargo da investigación da súa morte a pedimento da viúva.

A primeira entrega de Vicvs tiña como nome “Vicus. Un lugar aquelado” e esta segunda entrega ten como nome “Vicus,. Un lugar do común”, ás duas da editorial compostelana Bolanda, nesta segunda ven narrar nunha narración trepidante e unha historia dacabalo entre a realidade e a ficción, esta novela negra engancha desde a primeira páxina. O protagonista é un arquitecto vigués, o arquitecto Senén Barreiro, que vén de cumprir cincuenta anos, está a observar a paixase nocturna desde a galería da casa paterna de Candeán, un arrabalde rural elevado de Vigo. Ás súas costas, está a se conformar a xuntanza familiar: é Noiteboa e el quere darlle á súa familia unha noticia importante.

Sen embargo, nesa mesama noite, acontece algo que vai mudar para sempre a histora da familia Barreiro e a descubrir que o mundo da emigración galega, cando menos unha parte dela, non é como decote se contou de maneira oficial. Un libro polémico rexorde e forma parte da trama durante aquela viaxe, se cadra, innecesaria, viaxe de regreso a Vigo, a trama acelérase e xorde a poderosa e descoñecida Serra do Suído.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.