A libreria viguesa especializada en literatura infantil e xuvenil “Libros para Soñar” presentara “Que fai falta?”, na sesión de animación á lectura

Publicado por o día 23/01/2020 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

A libreria viguesa especializada en literatura infantil e xuvenil “Libros para Soñar” presentara “Que fai falta?”, na sesión de animación á lectura

LIBROS PARA SOÑAR dedicará a sesión de contacontos de mañá venres, a partir das 18:30 horas, á sensibilización medioambiental cun repertorio de historias que teñen o coidado do planeta como fío condutor. A actividade, aberta a público infantil a partir de 4 anos, completarase cun obradoiro de reciclaxe e de estampación con materiais naturais.

O repertorio de contos comezarán con “Que fai falta?”, un clásico de Gianni Rodari recuperado por KALANDRAKA neste 2020, coincidindo co ano do centenario do autor e pedagogo italiano. Esta obra, ilustrada con collages de Silvia Bonanni, narra de xeito sinxelo o proceso de construcción dunha mesa dende a materia prima ata un sorprendente orixe relacionado coa natureza.

A natureza tamén está moi presente en “A horta de Simón”, de Rocío Alejandro, galardoado co X Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado e co Premio da Fundación Cuatrogatos 2019. O seu protagonista é un coello que vai plantar cenorias, pero que verá ampliados os cultivos a petición da veciñanza.

E dun conto sobre o traballo colaborativo, a outro que alenta a educación ambiental dende a infancia: “A árbore da escola”, de Antonio Sandoval e Emilio Urberuaga, ambiéntase nun colexio onde un neno coida da única árbore que medra no patio, animando o resto do alumnado a axudarlle nesa tarefa.

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

A programación de LIBROS PARA SOÑAR neste mes completarase cunha sesión de contos para bebés, o próximo mércores ás 17:30 horas, previa inscrición no enderezo de correo electrónico
[email protected] A libraría infantil e xuvenil do Casco Vello tamén se sumará ao Día Escolar da Non Violencia e da Paz, que se conmemora cada 30 de xaneiro. Así, o venres 31 a sesión de contacontos estará dedicada a libros que, como “A historia de Erika”, “O nacemento do dragón” ou “O principio”, rexeitan as guerras e enxalzan a tolerancia e a convivencia.

Por outra banda, durante este mes a sala de exposicións está dedicada ao libro “O pequeno indio”, ilustrado por Gusti. O artista arxentino tamén é o artífice das imaxes que acompañan o texto de “O pirata valente”, ambos escritos por Ricardo Alcántara.

Comentar noticia

Your email address will not be published.