A licitación do estudo do abastecemento de auga será publicada este xoves

Este luns, Abel Caballero avanzou que o próximo xoves sairá publicado o anuncio de licitación do estudo de alternativas para o abastecemento de auga de Vigo e do seu entorno, a cargo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A licitación do estudo do abastecemento de auga será publicada este xoves

Este luns, Abel Caballero avanzou que o próximo xoves sairá publicado o anuncio de licitación do estudo de alternativas para o abastecemento de auga de Vigo e do seu entorno, a cargo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Cun importe de 200.000 euros, o traballo será costeado a partes iguais por Goberno de España, Xunta e Concello de Vigo, tal e como recordou este luns Abel Caballero. O estudo valorará as distintas alternativas existentes para dar solución ao problema de abastecemento de Vigo e entorno.

O alcalde deu conta ademais do volume de auga embalsada a día de hoxe, con Eiras ao 72,7% e Zamáns ao 67,9%, catro e sete puntos porcentuais máis que na mesma data do pasado ano. Con respecto ao pasado xoves, Eiras, a presa principal, conta cun 0,9% menos de auga, o que revela un nivel de diminución “baixo” no encoro, pero que continúa baixando pese á chuvia caída, advertiu Caballero. Polo tanto, o rexedor vigués animou a continuar co consumo responsable mais coa tranquilidade de ter nas presas un nivel “moi importante” de auga acumulada.