A loita das troitas do Verdugo contra o transvasamento gaña o concurso de Redacción no colexio da Reigosa

Unha alumna de Sexto reflicte no seu traballo o rexeitamento de todo o municipio contra a agresión ao río
Publicado por o día 21/05/2018 na sección de Galicia,Ponte Caldelas

A loita das troitas do Verdugo contra o transvasamento gaña o concurso de Redacción no colexio da Reigosa

As troitas do río Verdugo, capitaneadas pola Troita Raíña, mobilizáronse para defender o río Verdugo coa axuda dun neno que tiña a habilidade de falar con elas. O relato, do que é autora Beatriz Rodríguez Amoedo gañou o Concurso de Redacción da Festa da Troita de Ponte Caldelas.

A entrega de premios celebrouse no colexio e estivo a cargo do alcalde, Andrés Díaz, e a directora, Concepción Otero, en presencia tamén de boa parte do profesorado. Todos os alumnos de Sexto e Quinto de Primaria recibiron un diploma conmemorativo da súa participación. A alumna gañadora recibiu ademais unha tableta electrónica.

O Goberno local  tripartito (PSdeG-PSOE, AVP e BNG) culmina así a entrega de premios dos concursos de Carteis, Fotografía e Redacción (este último dirixido só a escolares de Ponte Caldelas) da Festa da Troita.