A longametraxe documental “Vigo 1972” que colleitou o pasado ano un inusual éxito de taquilla nas salas de cine galegas chega este venres 11 de decembro á capital arxentina. A proxección terá lugar no marco do II Ciclo de Cine Documental Galego organizado polo Centro Galicia de Buenos Aires, que anualmente repasa o máis destacado da produción cinematográfica galega no eido documental.
“Constitúe para nos unha honra que se reparase no noso filme para participar neste ciclo e poder chegar á emigración galega en América. Constitúe a primeira proxección internacional do filme e esperamos que non sexa o último” expón Roi Cagiao.
Novo proxecto en marcha.
O próximo proxecto de longametraxe documental da produtora Arthur Gordon, novamente dirixido por Cagiao e centrado nos feitos do 10 de marzo ferrolá, arrancará a súa rodaxe en xullo.
Noticias de última hora en Vigo