A maioría da Corporación de Mos, 10 votos contra 6, bota abaixo a pretensión de que a alcaldesa dimitise e se retirase o recurso ante o arquivo do proceso polos recibos de auga falsos

A concelleira non adscrita, Verónica Costas, apoiou ao equipo de goberno na súa votación
Publicado por o día 17/12/2020 na sección de Galicia,Mos

A maioría da Corporación de Mos, 10 votos contra 6, bota abaixo a pretensión de que a alcaldesa dimitise e se retirase o recurso ante o arquivo do proceso polos recibos de auga falsos

O Pleno Extraordinario celebrado esta mañá por solicitude dunha cuarta parte dos concelleiros da Corporación (PSOE, GañaMos e BNG) sobre as dilixencias previas do procedemento abreviado 261/2019 do Xulgado de 1ª instancia e instrución nº 1 de O Porriño dos recibos da auga falsos, resolveuse coa desestimación dos tres puntos plantexados conxuntamente por GañaMos e nacionalistas e socialistas mosenses grazas á votación en contra da maioría dos corporativos municipais: a concelleira non adscrita, Verónica Costas, e os 9 membros do equipo de goberno local.

Costas destacou que “eu tamén son a oposición, e os que se fan chamar a oposición de Mos en ningún momento me tiveron en conta nin me consultaron sobre este tema nin sobre a miña postura sobre a convocatoria extraordinaria deste Pleno no que veñen a facer política de pacotilla. Quero que quede claro que, sexa considerado delito ou non, iso ten que dicilo un xuíz e eu non son xuíz, os feitos son feitos probados que sucederon. E resúltame incomprensible que meus compañeiros convoquen un Pleno extraordinario sobre este tema cando hai cousas moito máis graves e importantes como a crise sanitaria da COVID-19”.  Ademais a concelleira non adscrita lamentou “que pretendan enfrontar a dous parroquias, Pereiras e Tameiga, tentando que entren en guerra civil entre elas”.

Pola súa banda alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, explicou na súa intervención que “levo un ano e medio esperando para poder sentarme cara a cara con GañaMos, PSOE e BNG e poder saber que pensaban sobre este tema; xa que por parte do goberno local convocamos en xullo de 2019 un Pleno Extaordinario ao que ningún se presentou, ata o de agora a ningún lles interesou falar disto, pero agora lles interesa pechar este capítulo. Cando saltou a trama algúns, os socialistas e nacionalistas concretamente, mantiveron silencio pero agora lles interesa falar”. “Estamos aquí por uns feitos moi tristes e moi graves, que a xuíz recoñece que son feitos probados e consumados aínda que considere que non son constitutivos de delito. Uns feitos que buscaban xerar alarma social e odio coa intención de manipular os resultados das eleccións municipais, pero non o lograron. Desde o Concello o único que fixemos naquel momento foi unha campaña informativa para evitar a alarma social e que a veciñanza soubese que si lle chegaba un deses recibos non tiña que pagalo”.

“Agora que estes señores do PSOE, BNG e GañaMos, ven que Mos é noticia polo crecemento e o progreso, por cousas positivas como a saída de La Vuelta, a inauguración da Cidade Deportiva en Pereiras, ou o proxecto de naves modulares de 11 empresas da automoción no polígono da Veigadaña… eles queren enturbialo e para elo non dubidan en converterse en peóns da Comunidade de Montes de Tameiga e do seu presidente”, sentenciou a rexedora local mosense, quen continuou dicindo que “é triste que teñamos que estar falando disto en plena pandemia, pero foron eles os que pediron este Pleno”.

Nidia Arévalo lembrou así mesmo a campaña contra ela que desde a Comunicade de Montes de Mos se iniciou xa no verán de 2018 e que incluiu desde Asambleas das Comunidades de Montes e de Augas, ata manifestacións, bulos sobre que a auga de Pereiras estaba contaminada polas obras do Celta, pancartas en varias vivendas de Tameiga e, o colofón final en maio de 2019, que foron os recibos da auga falsos. “Só pensan en arrebatarme a alcaldía ao precio que sexa. Non podo entender que me teña que partir a cara con vostedes para defender ao Concello de Mos, bótanlle terra por riba a todo. E saiban que se están equivocando, porque os veciños non queren iso. A veciñanza o que quere é unha alcaldesa que se entregue, que traballe e que defenda a Mos por riba de todo”.

Arévalo tivo palabras especialmente severas para o voceiro de GañaMos, Román González, sobre o que dixo que “debería caerlle a cara de vergoña pedindo a miña dimisión cando o que ten que dimitir é vostede, porque un dos investigados deste proceso é o número 8 da súa lista electoral, e porque recén destapada a trama vostede dedicouse a mofarse de min e a rirse nas súas redes sociais asegurando que era unha monaxe miña”. E tamén para a voceira dos socialistas de Mos, Victoria Alonso, da que alcaldesa asegura que “demostra constantemente o seu odio a Mos e únicamente lle interesa a Deputación de Pontevedra e cumprir as ordes do alcalde de Vigo, pero isto xa é ir moi lonxe, é recoñecer abertamente que non lle importa perxudicar ao seu pobo con tal de medrar políticamente”.

Os tres puntos votados na sesión extraordinaria desta mañá que foron desestimados pola votación en contra da maioría dos corporativos (10 votos en contra e 6 a favor) foron a dimisión da alcaldesa, as desculpas públicas de alcaldesa e goberno local; e retirada do recurso contra o arquivo.

Os 10 votantes en contra desestimaron os 3 puntos por considerar que o Concello denunciou uns feitos certos polos que unhas persoas foron investigadas xudicialmente. Que Concello non denunciou nin condeou a ninguén. Que a pretensión é de defensa da veciñanza, non de difamación. Que todas as noticias que trascenderon foron de feitos certos. Que é unha realidade que se levaron a Correos 4000 cartas falseadas e que a propia Garda Civil ordeou paralizar os envíos de Correos. Que houbo unha investigación xudicial contra persoas concretas que foron denominadas pola Garda Civil e o xuíz e que a alcaldesa e o Concello limitáronse a denunciar feitos, non personas. Que se presenta un recurso ante o arquivo porque enténdese que se debe serguir investigando para clarificar verdadeiramente se hai delito. Que os gastos derivados deste proceso xudicial os provocan os autores das cartas falsas, que son os mesmos que provocan gastos con demandas e recursos contra o proxecto do RC Celta e a Cidade Deportiva en Pereiras. En definitiva, que a alcaldesa de Mos se limita a defender ao Concello ante os ataques, que é para o que a elixiron nas urnas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.