“A Maioría Silenciosa”, o vídeo no que veciños e veciñas de Touro e O Pino expresan a súa opinión sobre o proxecto mineiro

Cobre San Rafael lanza este vídeo no que persoas dos dous municipios amosan a súasinquedanzas pola situación actual das súas vilas
Publicado por o día 04/06/2018 na sección de Medio Ambiente

“A Maioría Silenciosa”, o vídeo no que veciños e veciñas de Touro e O Pino expresan a súa opinión sobre o proxecto mineiro

“A Maioría Silenciosa” é o vídeo de doce minutos de duración, que mediante entrevistas libres e sen guión amosa as inquedanzas de persoas da comarca en relación á situación actual das súas vilas e como ven na proposta mineira unha oportunidade de futuro para a zona. O vídeo fuxe de sensacionalismos e opta por unha peza en formato documental baseada en conversas con veciños reais e
sen ningún tipo de guión.

Empresarios, gandeiros, profesionais administrativos e de recursos humanos, son algunhas das profesións das persoas que quixeron aportar a súa testemuña para dar voz aos veciños e veciñas a favor da proposta mineira. Apuntan que “Touro está morto laboralmente” e que “é necesario que se monten na nosa comarca industrias deste tipo” para que “as familias teñan oportunidade de vivir un pouco mellor”.

A maioría silenciosa

As testemuñas coinciden en que “hai moitas persoas que están a favor, o que pasa é que non se di” por diferentes motivos coma medo ou vergoña. Cren ademais que os colectivos que se opoñen á mina non deben xeneralizar xa que “unha maioría ampla está a favor do proxecto”, pero “non o expresan publicamente e en redes sociais, pero si en bares e locais, onde fala o rural”. Piden “que nos veñan preguntar á xente de Touro e de O Pino” pola súa opinión.

“Unha oportunidade das que se poden contar en Galicia”

Os veciños ven no proxecto unha gran oportunidade, non só para os concellos de Touro e O Pino, senón para a comarca de Arzúa e Galicia. Afirman que é “unha oportunidade das que se poden contar en Galicia” e lamentan que, de non saír adiante, sería “coma se pasa o tren e non o collemos”, “unha ruína para a zona” e “unha gran decepción”.