A maleza faise coas antigas vías do tren e denuncian o seu abandono

A. A.V. de Teis, esixe a limpeza da vía do ferrocarril
Por o 07/11/2018 | Sección: A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo
A maleza faise coas antigas vías do tren e denuncian o seu abandono

A Asociación Veciñal de Teis, esixe do Concello de Vigo, a limpeza da vía do ferrocarril en Teis. Esta Asociación, xa solicitou por escrito no mes de xullo e outubro, a limpeza desta vía ao goberno municipal, sen recibir ningunha resposta.

O pasado mes de abril Adif cedeu ao Concello de Vígo, a vía do ferrocarril sen uso que vai até a estación de Urzaiz, co obxectivo de realizar a senda verde.

Esta vía atopase abandonada desde hai anos, e a veciñanza que linda,queixase da abundante vexetación, da presenza de ratas, etc. Isto é grave pois hai tramos con vivendas moi próximas, o que xa obrigou nestes anos a limpeza da vía nalgún punto pola propia veciñanza para evitar que lle chegue o mato as vivendas e por Adif, logo de reiteradas denuncias da veciñanza e da Asociación.

O goberno municipal, hai meses que anuncia o proxecto da senda verde, pero até que se execute está obra, o Concello terá que encargarse do mantemento deste espazo cedido e que na actualidade provoca molestias a veciñanza.

Nado en Vigo hai 36 anos. Nacionalista Galego, Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.