A Marcha Mundial das Mulleres organiza unha charla de Lola Ferreiro na Casa Galega da Cultura de Vigo

Publicado por o día 28/05/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

A Marcha Mundial das Mulleres organiza unha charla de Lola Ferreiro na Casa Galega da Cultura de Vigo

O mércores 29 de maio, ás sete da tarde, na Casa Galega da Cultura de Vigo, a Marcha Mundial das Mulleres organiza un encontro con Lola Ferreiro Díaz, feminista e médica, experta en programas de saúde pública desde a perspectiva de xénero.

Baixo o título “A saúde das mulleres: invisibilizada e maltratada”, Lola Ferreiro analizará como o sistema patriarcal ven tomando como referencia de saúde o modelo masculino, sen considerar o xeito en que as diferentes doenzas e tratamentos afectan ás mulleres.

Dende a MMM “advertimos da necesidade de reverter esta situación, de reflexionar sobre as diferentes realidades nas que nos oprime o patriarcado e, entre todas, conseguir a igualdade entre mulleres e homes e atender as súas diversidades a respecto da saúde.